Somos especialistas en carne e peixe fresco

Restaurante O Muiñeiro en Santiago de Compostela

Restaurante O Muiñeiro en Santiago tivo a súa reapertura en decembro do 2011, cun ambiente agradable e acolledor que mantiña a imaxe do antigo restaurante. Na actualidade queremos seguir mantendo a calidade da nosa cociña e o trato cos nosos clientes pero cunha imaxe renovada, máis moderna e dinámica, na que se siga mantendo a idea dun restaurante agradable e acolledor pero acorde aos novos tempos.

Queremos que os nosos clientes poidan degustar as nosas especialidades como o solombo e o entrecosto de Tenreira Galega, así como peixes frescos e ampla variedade de entrantes fríos ou quentes, as cales atoparán na nosa carta, preparados por mans expertas e con produtos de primeira calidade, dándolle sempre o noso toque persoal como seña de identidade de O Muiñeiro e dos nosos pratos.

Ademais das nosas especialidades, no Restaurante O Muiñeiro en Santiago de Compostela poden disfrutar do noso menú do día de luns a venres e das nosas deliciosas tapas tódolos días do ano.

Visítenos na rúa Muíña número 2 en Santiago de Compostela e poderá valorar a calidade da nosa cociña.

Restaurante O Muiñeiro en Santiago de Compostela Restaurante O Muiñeiro en Santiago de Compostela